A todas as categorías da Selección Española acoden futbolistas vermellas esta tempada. Neste caso é Miri quen foi convocada pola sub-19 para disputar dous amigables en Ferrol e Viveiro contra Finlandia.
Esta é a segunda experiencia co combinado nacional para a segoviana, que xa formou parte desta selección en 2024. Coa chegada a Poio o pasado verán, Miri tamén xogou o Campionato de España de Seleccións Autonómicas con Galicia sub-19.
O resumo de internacionalidades nas nosas filas no presente curso amplíase da seguinte forma:
- Selección absoluta: Ale de Paz, Laura Uña e Elena.
- Selección sub-23: Martita, Elena e Rocío Molina.
- Selección sub-21: Rocío Molina.
- Selección sub-19: Miri.