Novas

Os oitavos de final da Copa da Raíña lévannos a Navalcarnero

Nov 3, 2022

Esta mañá se sortearon os oitavos de final da Copa da Raíña, con 12 equipos de Primeira División e 4 de Segunda. O noso conjunto, que superou por 0 – 7 ó CD Camoens Ceuta na segunda rolda do torneo, a primeira para os clubes da máxima categoría, terá que visitar a pista dun dos favoritos en calquera competición e actual campión de liga y subcampión da propia Copa, o Futsi Atlético Navalcarnero.

O duelo será o 6 de decembro e a partido único. Como premio, a participación na final a oito que tanto se nos resiste. Sen ir máis lonxe, non logramos clasificarnos para a fase final dende que a desputan oito escadras, posto que na tempada 2020 / 2021 caímos a penaltis en casa ante o Ourense Envialia e o ano pasado ocorreunos o mesmo na cancha do Sala Zaragoza. Curiosamente, no curso 2019 / 2020 si entramos na que foi a última final a catro, organizada en Málaga en decembro de 2020 (por aprazamento debido á pandemia do covid) e na cal nos proclamamos subcampioas tras caer por 1 – 0 na final ante Burela.

Así pois, rachar con esta mala xeira e en casa dun dos favoritos supón todavía un maior reto que asumiremos con entusiasmo.

 

Imaxe: RFEF