No marco dunha semana de reivindicacións con motivo do Día internacional contra a violencia de xénero o 25 de novembro, presentamos o partido da décima xornada de liga, contra o C.D. Leganés, con especial atención neste aspecto.
Dende a Xunta de Galicia a a Secretaría de Igualdade poñen en marcha a campaña pola igualdade e a loita contra este tipo de violencia. No Poio Pescamar, unímonos a ela aportando o noso gran de area na súa difusión pola nosa web e redes sociais.
Seguimos traballando por uns valores e unha educación que, dende o deporte, cheguen a todas as personas.