O partido do próximo sábado contra o Futsi Atlético Navalcarnero estará dedicado á loita contra a violencia de xénero. Así o presentamos no acto de prensa con dúas das nosas capitás: Irene e Martita.
Será unha semana especial, cargada de mensaxes contra esta lacra que a nosa sociedade debe superar e que, paso a paso, iremos conseguindo.
Ademais, no deportivo, este 25N teremos un partidazo ante o Futsi, equipo que nos precede na clasificación e que, en caso de superalas, poderíamos situarnos en postos de playoff polo título.