Novas

Estes serán os partidos amigables de pretempada

Ago 18, 2022

Dúas semanas van de adestramentos de pretempada dende o seu inicio e será coa chegada da terceira cando comecen os partidos. Cinco duelos, dos cales os catro primeiros serán en continuos mércores e sábados, dous como visitante e despois, de local.

Estreámonos o 17 de agosto na Coruña, contra o Viaxes Amarelle, que volve á Primeira División tras un ano en Segunda (resultado do partido 0 – 6). A continuación, dobre enfrontamento contra un dos máximos favoritos cada campaña, o Burela. O sábado 20 será en Vista Alegre e o mércores 24 na Seca, sendo o día de presentarnos ante a nosa afección.

Por último, dous rivais do país veciño. O sábado 27 de agosto recibimos ó Nun´Álvares Futsal de Fafe, mentras que unha semana máis tarde, o 4 de setembro, pechamos este ciclo de amigables visitando ó Santa Luzia, de Viana do Castelo. Ese día tiñamos Copa Galicia, pero haberá data nova, todavía non definida.

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Pretempada