Novas

Partidos de pretempada

Ago 6, 2025

Cos primeiros adestramentos de pretempada en marcha, chega o momento de coñecer os partidos de preparación antes de debutar en liga o 6 de setembro (contra o Penya Esplugues na Seca).

O primeiro duelo do mes de agosto levaranos á pista do Castro, un rival de alto nivel que para esta tempada se reforzou coa idea de pelexar o playoff polo título. Será na súa pista, o día 13 de agosto ás 20 horas.

Dez días despois viaxaremos a terras lusas, concretamente a Espinho, para xogar contra o Novasemente. Na pasada tempada finalizaron quintas a liga regular na máxima categoría portuguesa e caeron nos cuartos de final do playoff. Este enfrontamento está fixado para o 23 de agosto ás 17:30 horas (18:30 en España).

Por último e a modo de presentación ante a nosa afección, visitaranos o Ourense FSF. O choque será o sábado 30 de agosto ás 18:30 horas no pavillón da Seca.

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Pretempada