Novas

Ale de Paz pon o seu nome ó pavillón municipal de Neda

Mar 23, 2024

O pasado venres, día 22 de marzo de 2024, é un día que a nosa xogadora Ale de Paz lembrará sempre. O municipio de Neda oficializou nun acto o que sabiamos fai algúns meses: o seu polideportivo municipal levaría o nome de Ale de Paz.

A futbolista, profeta na súa terra, destapou a placa que a une á posteridade onde deu os seus primeiros pasos no fútbol sala. Con moita carreira todavía por diante, acumula un palmarés de dúas Eurocopas coa selección española, así como dúas ligas, tres Copas da Raíña, dúas Supercopas de España e tres Copas Galicia na súa etapa en Burela.

Dende o Poio, dámoslle a Ale a nosa sincera felicitación polo recoñecemento e agardamos que siga acumulando trofeos connosco.

 

Foto: facebook concello de Neda
CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Ale de Paz