Novas

Premio Estrella Galicia á xogadora de cada mes

Set 5, 2024

Para a tempada que vai comezar co primeiro partido oficial este sábado (xornada 1 de liga contra Teldeportivo ás 17 horas), queremos instaurar unha novidade.

Ó final de cada mes, poremos unha enquisa nas nosas redes sociais para que a afección vote pola futbolista máis destacada, que recibirá como premio un pack de cervexa Estrella Galicia 0,0. Ademais, faremos sorteos entre aquelas persoas que participen na elección.

Agradecemos a Estrella Galicia por patrocinarnos e apoiar o noso deporte. Tamén agardamos que esta iniciativa aumente a interacción cos nosos afeccionados e afeccionadas.

CATEGORÍA: Novas