Novas

Premio Muller do Ano de Poio 2023

Feb 27, 2023

Dende a organización de Mulleres en Igualdade Poio, fomos galardoadas co Premio Muller do Ano de Poio 2023, na súa terceira edición. É unha alegría enorme que dende o noso municipio se nos valore tanto e seguiremos loitando para devolver todo o apoio recibido en cada partido e seguir crecendo como club que representa a Poio, así como formando persoas nos nosos valores.

Por pensar en nós para este premio, ademais nunha tempada tan especial coma esta, na que cumprimos 25 anos, agradecemos enormemente o galardón.

É un orgullo poder representar ó noso municipio, a Poio, por toda España, cos valores do traballo, o deporte e a igualdade que portamos por bandeira.

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Concello de Poio