Novas

O Poio FS, galardoado nos Premios San Xoán

Xuñ 23, 2022

Tras dous anos de pandemia, volven as festas grandes do municipio, as de San Xoán. Por iso, no acto oficial do pregón, tamén se outorgaron premios a clubes locais con alto rendemento neste tempo. Todo, enmarcado no ambiente festivo que volveu á Praza do Mosteiro.

A nosa entidade foi galardoada en tres ocasións, con motivo de:

  • Subcampionato de España na Copa da Raíña 2020.
  • Ascenso por primeira vez do xuvenil masculino á División de Honra en 2022 (todavía non oficial, pero si sobre o papel).
  • Título de liga galega do infantil feminino en 2022.

Agradecemos ó consistorio por estes premios e a colaboración mutua coa que temos que traballar para o crecemento de todos. 

Veciños y veciñas, a gozar das festas de San Xoán!

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Concello de Poio