Novas

Premios San Xoán do Deporte 2026

Xuñ 23, 2026

Onte, 22 de xuño, tivo lugar o pregón das festas de San Xoán de Poio, unhas das máis coñecidas do noso municipio. Como cada ano, desde o concello realízase unha entrega de galardóns ó deporte local, na que novamente tivemos presenza por medio do Reserpón Poio Pescamar FS, gañador do Premio San Xoán ó Deporte polo seu histórico ascenso á Terceira División Nacional.

A continuación, realizáronse mencións especiais ós seguintes equipos conserveiros:

• Xuvenil Masculino: campión de liga en Pontevedra e ascenso a Preferente Futgal, ademais de subcampión de Copa.
• Infantil Feminino: campión da Copa Galicia e semifinalista de liga.
• Infantil Masculino: campión de liga en Pontevedra.
• Benxamín A: campión de liga e copa.
• Prebenxamín B: campión de liga.
• Biberón A: campión de liga e copa.

Con esta gala e entrega de recoñecementos, péchase definitivamente a tempada 2025 / 2026. Só queda desexar unhas boas festas de San Xoán a todo Poio. Vémonos pronto na Seca!

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Concello de Poio