Novas

T. 25/26 – Cuartos de Final da Copa da Raíña | PREVIA

Abr 30, 2026

Por segundo ano consecutivo acadamos a final a oito da Copa da Raíña. Esta primeira fin de semana de maio decidirase quen se proclama campión no pavillón Móstoles Sur PAU-4. O venres, día dos cuartos de final, xogaremos ás 13:30h contra o Móstoles (en directo por Teledeporte).

Viaxamos ata o centro peninsular coa máxima ilusión e nun gran momento de forma, tras sumar sete vitorias seguidas en liga (mellor xeira da presente tempada) e certificar o acceso ó playoff polo título. O equipo de Luis López-Tulla marcha segundo clasificado con 58 puntos. Na Copa, eliminamos a domicilio ó Almagro FSF (Segunda División) e na A Seca, nos oitavos de final, ó Futsi.

O conxunto de Patri Chamorro tamén chega nun gran momento, pois encadea por primeira vez no curso tres triunfos seguidos en liga e cinco partidos sen perder, con meritorios empates ante Roldán e Melilla. Agora mesmo son oitavas con 37 puntos, sen opcións de playoff nin de descenso. Na Copa superaron ó Martos FS de Segunda División e, despois, ó Ourense Ontime.

Esta vai ser a primeira vez que ambos clubs se enfronten neste torneo. Na Primeira División existen 25 precedentes, con 19 vitorias conserveiras e 6 madrileñas. Actualmente, a escuadra vermella mantén unha xeira de 9 triunfos seguidos ante as branquinegras, incluíndo ambos partidos da presente liga.

CATEGORÍA: Previas