Novas

T. 23/24 – 1/16 de Final da Copa da Raíña | PREVIA

Out 11, 2023

Semana máis intensa do habitual na que estamos inmersa. Este xoves, 12 de outubro, festivo nacional, debutamos en Copa da Raíña en segunda rolda ou dezaseisavos de final contra La Algaida FS, equipo de Segunda División do municipio de Archena, en Murcia.

O equipo vermello adestrou esta mañá e voará dende Santiago pola tarde, facendo noite en Murcia, posto que o partido é ás 12 horas. A recén chegada Saki, xunto ás baixas coñecidas de Anna e Marta, non están convocadas. O grupo está collendo bo ritmo logo de dous triunfos seguidos en liga e agarda prolongar a xeira, aínda que como dixo Elena Aragón, hai que manter a concentración para evitar sorpresas na Copa.

Será a primeira vez que xoguemos contra La Algaida FS, club fundado en 1997, coma o noso. En primeira rolda venceron 0 – 5 ó Xaloc Alacanten liga ocupan o segundo posto, con dúas vitorias e un empate. A pasada xornada venceron a domicilio ó Camoens de Ceuta (conxunto ó que nos enfrontamos nesta mesma rolda de Copa da Raíña a tempada anterior). Por tanto, o noso rival non coñece a derrota e é un equipo punteiro de Segunda División, que porá moi compricado avanzar no torneo.