Novas

T. 23/24 – 2º Partido Semifinal Playoff Liga | PREVIA

Xuñ 6, 2024

Conxurámonos á nosa casa, coa nosa afección. A Seca ten que ser o fortín do que non escape o rival. Este sábado ás 17h (en directo pola TVG2), recibiremos ó Burela FS coa intención de forzar o terceiro partido desta eliminatoria de semifinais de liga en Primeira División.

A derrota en Vista Alegre curtou a nosa xeira de 5 partidos sen perder, á vez que prolongou o noso mal de ollo en dita pista. Sabendo que o partido non foi tan malo como di o resultado, tanto Luis como Irene comentaron na previa que os detalles serán decisivos. Por iso, estiveron repasándoos e adestrándoos durante a semana para poder vencer neste segundo derbi.

As nosas rivais demostraron que están ó máximo nivel, pese ó baixón de ritmo dos últimos partidos de liga (nos que pouco se xogaban). Mirando ós seus resultados, perderon nos seus dous últimos enfrontamentos lonxe da súa cancha. Certo é que os dous marcadores máis recentes en Poio verten sendos triunfos bureleses (1 – 5 en liga e 1 – 3 no playoff do curso pasado).

En resumo, non é un derbi no que te poidas fiar de resultados pasados, senón que será unha nueva batalla na que tan só serve a vitoria.

CATEGORÍA: Previas