Novas

T. 23/24 – 3º Partido Semifinal Playoff Liga | PREVIA

Xuñ 10, 2024

Os titulares foron contundentes tras o 4 – 0 do primeiro partido. No resumo da RFEF, nin sequera saían as nosas ocasións. O guión que todos agardaban estábase escribindo. Ou tal vez non. Os titulares cambiaron as tornas e o 3 – 0 no marcador da Seca non só forzou o desempate, senón que agora ven que somos un rival moi duro de bater.

Este martes, 11 de xuño, ás 21h, xogaremos o partido máis avanzado en liga na nosa historia. Disputaremos o terceiro derbi contra o Burela, na súa cancha, coa meta de meternos na nosa primeira final de Primeira División. En xeral, con tan poucos días de marxe entre un e outro enfrontamento, poucos cambios (ou ningún) hai que destacar en cada conxunto.

Polo visto nestes dous duelos, quen marca primeiro ten medio partido no peto. As defensas impóñense ós ataques. Abofé que a igualdade é máxima e nos detalles se definirá esta eliminatoria.

Se logramos gañar o primeiro choque nun playoff polo título de liga na nosa historia, porque non vencer tamén por primeira vez en Vista Alegre?

CATEGORÍA: Previas