Novas

T. 24/25 – Semifinal da Copa da Raíña | PREVIA

Mai 3, 2025

Sen apenas descanso, na mañá deste sábado disputaremos a semifinal da Copa da Raíña ante o CD Burela FS (13:30h, Teledeporte), despois de eliminar ó STV Roldán, logrando acceder á penúltima rolda por segunda vez na nosa historia.

Coma se dun maquiavélico guión se tratase, o noso pase convertiu o sufrimento en alegría desbordante. E non é para menos, cando incluso remontamos un 2 – 0 na quenda de penaltis. Unha Elena pletórica baixo os paus, xunto ó gol máis importante na carreira de Chuli, culminaron o merecido traballo do equipo cun partido máis.

Agora teremos un clásico derbi contra o Burela. O equipo de Julio Delgado eliminou por 5 – 0 ó Ourense Ontime. Con anterioridade, pasaron de rolda contra dous equipos de Segunda División: Bembrive e Almagro. As da Mariña marchan terceiras en liga, mentras que na Supercopa caeron na semifinal ante o Melilla.

Esta será a terceira vez que nos enfrontemos na Copa. A primeira foi na final da campaña 2019 / 2020 (1 – 0 para as burelenses) e a segunda, en oitavos de final do curso 2023 / 2024 (4 – 2). Os dous partidos da presente liga tamén se saldaron con triunfo laranxa, pero cuns axustados 3 – 2 e 1 – 2. Na lembranza e como meta a repetir, a eliminación que lles causamos na semifinal da Copa Galicia da pasada tempada.

CATEGORÍA: Previas