Novas

T. 23/24 – Semifinal Supercopa | PREVIA

Feb 2, 2024

Por segunda ocasión nos 26 anos da nosa historia, atopámonos na desputa da Supercopa de España. Esta vez o formato é de final a catro, posto que en 2021 celebrouse a partido único (caímos por 2 – 0 en Burela). Así pois, estamos en Torremolinos, Málaga, preparando a semifinal que xogaremos contra o STV Roldán mañá ás 18:30h (Teledeporte).

Remarcouno Luis López-Tulla en rolda de prensa, chegamos no mellor momento e a un torneo curto, no que todo pode pasar e onde o mero feito de estar xa da boa fe do traballo realizado. Vimos de gañar os dous últimos partidos dunha liga na que somos sextas con 30 puntos, a 9 do playoff. Ademais, temos a convocatoria ó completo por primeira vez nesta tempada.

O noso rival, o Roldán, accedeu coma finalista copeiro. No torneo regular marcha oitavo, con 27 puntos, 45 goles a favor (3 menos que nós) e 43 en contra (por 39 nosos). A fin de semana pasada caeu derrotado na súa pista fronte ó Burela (1 – 4), mentras que nos seus outros dous partidos do 2024 gañaron en Castro e empataron contra o Marín. A súa máxima goleadora é a súa capitá e estandarte, Mayte Mateo, con 8 goles.

Historicamente, moi igualados foron os duelos entre ambos equipos (8 vitorias vermellas, 4 empates e 9 triunfos murcianos). O último precedente é, precisamente, un empate na primeira volta desta liga. Lonxe de dita competición, enfrontámonos en cuartos de final da Copa da Raíña do curso 2019 / 2020 na Seca, que se saldu cun 1 – 0 ó noso favor.

CATEGORÍA: Previas