Novas

T. 25/26 – X. 1 | PREVIA

Set 5, 2025

Tres meses despois volvemos ó punto de partida. Empeza unha vez máis a liga en Primeira División, a 13ª consecutiva no noso club, que se di cedo. Este sábado ás 18 horas recibiremos no pavillón da Seca ó Penya Esplugues, un dos equipos recén ascendidos.

Con Luis López-Tulla á fronte do equipo por cuarto ano, sete xogadoras repiten (Elena, Martita, Ale de Paz, Èlia, Candela, Miri e Chuli) e outras tantas chegaron novas (Yanira, Débora, Pedreira, Bravo, Noelia Montoro, Zaide Pérez e Rafa Pato). Todas elas están convocadas para o debut ligueiro agás Miri, que está no proceso de recuperación da súa lesión de LCA no xeonllo dereito. O obxectivo repítese: entrar no playoff polo título de liga.

No lado do Penya Esplugues barcelonés, volve á máxima categoría tras tres cursos en Segunda. Fíxoo despois de proclamarse campión no seu grupo e superar na fase de ascenso a El Gaitero Rodiles e Grupo Forma T-Vilalba. Entre as súas fichaxes de verán están dúas ex conserveiras: Julia Dupuy e Mirian Ruiz. Tamén asinaron a Estela Cantero, Laura Boix e Julia Sanz.

Un total de 19 precedentes existen entre ambos clubes, con 7 triunfos por banda e 5 empates. O curso pasado enfrontámonos en Copa da Raíña, con resultado de 0 – 7 para nós (o noso mellor marcador ante elas). É un rival que se nos dá particularmente mal na Seca, pois só as superamos en tres das súas nove visitas (en 2015, 2017 e 2020). O derradeiro resultado foi un 1 – 1 o 21 de maio de 2022.

 

Foto de Débora Braga.

CATEGORÍA: Previas