Derbi galego o que temos este sábado ás 19:30h na pista do Ourense Ontime. O conxunto auriense é o penúltimo clasificado con 7 puntos.
Finiquitado un terzo do campionato, situámonos na quinta posición, a un punto do Alcorcón e, por ende, do playoff polo título. Curtamos a xeira de tres vitorias seguidas no último partido, cunha dolorosa derrota, dándolle a volta ó marcador, fronte ó Futsi. Con todo, as sensacións seguen sendo moi boas. Ademais, o equipo conseguiu 12 dos seus 19 puntos lonxe da Seca e enlazamos tres triunfos seguidos como visitante.
Non comezou a liga como desexou o Ourense. Con 7 puntos, sitúase penúltimo, a 2 da permanencia. Certo é que na pasada semana venceron en Alcantarilla, acabando coa súa xeira de cinco derrotas consecutivas e sumando os seus primeiros puntos fóra de casa. A incombustible Sara Moreno, con 7 goles, é a súa máxima anotadora.
En Primeira División, 22 son os precedentes deste derbi, cun empate a 10 vitorias para cada club (máis dous igualadas). Cabe destacar que os últimos cinco partidos ligueiros decantáronse cara o lado conserveiro.