Novas

T. 23/24 – X. 14 | PREVIA

Dec 15, 2023

O dominio sobre a Ría de Pontevedra ponse de novo en desputa. Este sábado ás 17h no pavillón da Raña de Marín, visitaremos ás nosas veciñas de enfronte, nun duelo que sempre ofrece espectáculo e moita emoción.

Non imos enganarnos, os resultados non nos están acompañando e son tres as xornadas que enlazamos sen ganar, perdendo os dous últimos partidos. Sétimas, con 20 puntos, estamos a 6 do playoff e, aínda que queda moitísima competición, é importante non descolgarse do tren de cabeza.

En casa mariñense tampouco están saíndo as cousas. O conxunto branquiazul marcha penúltimo con 8 puntos, a 3 da permanencia. Perderon os dous últimos partidos, despois de lograr unha meritoria e contundente vitoria en Móstoles. Dos últimos catro duelos na súa pista, tan só sumaron un empate, polo que querrán despedir o 2023 ante a súa afección cunha alegría. Son o segundo conxunto menos goleador con 27 goles a favor (6 menos que nós) e o cuarto máis goleado con 43 tantos en contra (12 máis que no noso caso).

Dos catro precendentes ligueiros vencemos en tres ocasións, empatando no último derbi, a finais do curso pasado na Raña. Ademais, tamén gañamos en Copa Galicia en 2021 na súa pista.

CATEGORÍA: Previas