Novas

T. 23/24 – X. 15 | PREVIA

Dec 21, 2023

A última xornada da primeira volta do campionato adiántase a este venres ás 20h, no que será o primeiro duelo oficial contra o recén ascendido FSF Castro e, á súa vez, a despedida futbolística do ano 2023. Volveremos ser locais na estrea do 2024 con outro derbi, contra o Burela.

Tras rachar a xeira de tres partidos sen gañar (a peor dende que Luis López-Tulla adestra a este equipo, o cal é un sinal incrible do su bo facer), o equipo impúxose con contundencia a domicilio no Derbi da Ría. Unha vitoria que supuxo o segundo partido sen encaixar goles (primeiro de visitante) e recuperar a sexta posición na táboa. Ademais, Rocío Gómez destacouse como máxima goleadora do grupo (en liga) xunto a Laura Uña con 8 tantos.

Por parte do equipo de Castro Ribeiras de Lea, debutante na categoría, veñen a Poio no seu mellor momento. Son novenas, con 19 puntos, conseguindo nas últimas catro xornadas 10 de eses puntos. Con 39 goles a favor suman 1 máis que nós, encaixando 35, 4 máis que no noso caso. Nas súas filas hai varias ex xogadoras conserveiras, como Patri Corral, Lucía Paz, Luísa Mayara ou Dani Sousa, que é a terceira máxima goleadora da liga con 13 tantos.

É a primeira vez que ambos equipos se enfrontan en competición oficial, tras facelo en pretempada tanto na Seca como en terras lucenses con dúas vitorias vermellas.

CATEGORÍA: Previas