Partidazo á vista no Príncipe Felipe. Recibiremos ó Futsi Atlético Navalcarnero, un dos dous grandes dominadores do noso deporte, xunto ó Burela, pero co que seguimos intentando reducir diferenzas. De feito, pese a que o equipo de Andrés Sanz gañou os 16 partidos de liga desputados, só 5 puntos nos separan grazas á nosa espectacular tempada. A escadra madrileña, vixente campioa de liga, vén de caer eliminada na Supercopa de España en semifinais, precisamente ante o club da Mariña.
Tras estrear a segunda volta con vitoria en Elx, a semana de descanso permite a Luis López-Tulla recuperar para este partido a Dupuy. Sen embargo, a capitá Dani Sousa, cuxa lesión foi máis tarde (no derbi en Burela) que a da peche arxentina, non se recuperou todavía e non entra na convocatoria. No Futsi non estará Ana Luján, baia de longa duración logo de romper o ligamento cruzado en novembro.
En canto a números, todos se engrandecen nas súas estatísticas. Son o equipo máis goleador con 88 tantos (igual que o Burela) e o menos goleado (14). Nesta última parcela rivalizan connosco, que só encaixamos tres goles máis (como ben acertou Laura Uña no formato concurso da previa). Na primeira volta nos superaron por 3 – 0 e nesta tempada volvimos a visitar a pista de La Estación en Copa da Raíña, da cal nos eliminaron.
Mirando ó pasado, dúas veces logramos vencer ó Futsi. Curiosamente, ambas de visitante, nos cursos 2016 / 2017 e 2017 / 2018. Como local, tan só raspamos un empate (na 2014 / 2015) en nove partidos. Iso si, por moi en contra que as estatísticas se mostren, están para rachalas, como xa fixemos este ano con moitos outros rexistros.