A primeira viaxe do 2024 lévanos ata Barcelona, onde nos estrearemos visitando á AE Les Corts – UBAE, conxunto debutante na máxima categoría do fútbol sala feminino español e que na primeira volta nos gañou na Seca por 1 – 2.
Sen dúbida, a gran novidade para esta xornada é a inclusión na convocatoria de Anna. A de Sabadell, galardoada como mellor xogadora catalá da pasada tempada, entra por primeira vez na lista, despois dunha longa recuperación dos seus problemas no xeonllo. A expedición vermella voará este mesmo venres á cidade condal en busca do primeiro triunfo do ano, logo dunha mal estrea da segunda volta coa derrota en casa fronte ó líder, Burela FS.
O noso rival, posiblemente a revelación nesta liga, marcha sexto na clasificación, tres postos por riba nosa, aínda que só un punto nos separa. Iso si, están no seu mellor momento do curso tras gañar os seus últimos tres partidos (Móstoles, Rayo e Amarelle). Na Coruña venceron por 5 – 7, supoñendo o encontro no que máis tantos anotaron. Na súa pista teñen unha bagaxe de 3 triunfos, 1 empate e 3 derrotas. Suman 42 goles a favor (1 máis que nós) e 43 en contra (5 máis que no noso caso). Nas súas filas destaca a nosa ex xogadora Luci, que é a súa máxima realizadora con 10 goles.