Novas

T. 24/25 – X. 18 | PREVIA

Xan 24, 2025

Ata a provincia de Cádiz viaxaremos nesta xornada para enfrontarnos ó CD Guadalcacín FS, 12º clasificado (sábado, 20:30h), antes do parón ligueiro para a celebración da Supercopa.

Tras superar a pasada fin de semana ó Rubí, mantémonos en 6ª posición, pero recurtamos a distancia respecto do playoff a 4 puntos. Enlazamos tres xornadas sen derrota e quédanos volver gañar como visitantes, tarea pendente dende o triunfo na 9ª data en Roldán (despois, caímos en Ourense e Burela, mentras que empatamos en Alcantarilla, aínda que si vencemos en Alcorcón, na Copa da Raíña). Dos nosos 27 puntos, 13 consumáronse lonxe de Poio. Na convocatoria non está a porteira canteirá, Estela, así como Anna Escribano nin Candela.

O conxunto de Guadalcacín, un dos ascendidos este curso, aventaxa en 3 puntos ós postos de descenso. Vén de caer por un axustado 3 – 2 en Melilla, líder da liga. No seu outro duelo do 2025 empataron na súa cancha fronte ó Ourense. As súas últimas dúas vitorias conseguíronas como visitantes, mentras que como locais gañaron por derradeira vez na décima xornada, ó Marín Futsal. Dos seus 16 puntos, 7 sumáronos na súa pista. Anotaron 34 goles (49 nós) e encaixaron 44 (29 no noso caso).

Contando o enfrontamento na primeira volta, cinco precedentes existen entre ambos clubes, saldados con 3 vitorias conserveiras (correspondentes ós partidos en Poio), 1 empate e 1 triunfo do Guadalcacín. É dicir, visitamos un pavillón no que todavía non conseguimos vencer.

CATEGORÍA: Previas