Novas

T. 24/25 – X. 22 | PREVIA

Feb 28, 2025

Tres partidos nunha semana para comezar un mes de marzo que, despois, terá dúas xornadas de parón na liga. Neste caso, toca viaxar a Málaga para enfrontarnos ó 11º clasificado, o Atlético Torcal (sábado, 18 horas).

O empate do pasado sábado contra o Roldán déixanos a 4 puntos do playoff, marcado precisamente polo conxunto torrepachequero. Curtamos a xeira de tres vitorias seguidas na Seca e agora enlazamos dous partidos sen vencer. A bagaxe lonxe de Poio é de 14 puntos sobre 30 posibles, aínda que non gañamos dende a xornada 9 en Roldán (tres empates e dúas derrotas). Todo o plantel está dispoñible menos Anna Escribano.

O grupo dirixido por Víctor Quintero conta con 5 puntos de vantaxe sobre o descenso, pois a permanencia é o seu obxectivo, como sinalaron en rolda de prensa. Veñen de caer por 4 – 1 en Melilla e nos seis partidos de 2025 tan só perderon ese e na súa visita ó Burela. Nos outros catro encontros, dúas vitorias e dous empates (estos ante Roldán e Les Corts, rivais directos nosos). Dos seus 22 puntos, 10 sumáronos como locais. Contan con 38 goles a favor (nós 60) e 65 en contra (no noso caso, 42).

Na primeira volta da presente campaña, un contundente 5 – 0 foi o resultado. Así, un total de 4 triunfos vermellos e 1 empate é a bagaxe entre ambos clubes. No pavillón de Guadaljaire vencemos nas dúas anteriores visitas (0 – 3 e 3 – 4).

CATEGORÍA: Previas