Novas

T. 23/24 – X. 23 | PREVIA

Mar 22, 2024

Temos partido na Seca esta fin de semana, algo que non pasa dende fai un mes e que non volverá suceder ata dentro doutro tanto. Visítanos o sexto clasificado (sábado, 18:30h), un Roldán que quere pelexarnos o playoff.

Defendemos por primeira xornada o 4º puesto ante un rival directo como o conxunto murciano, 6º con 37 puntos, 5 menos que nós. Enlazamos seis vitorias seguidas en liga, as dúas últimas sen encaixar gol e nas difíciles pistas do Alcorcón e do Ourense. O vestiario encontrou ese plus de motivación pese ás baixas de Anna e Marta, logrando recuperar a diferenza de 12 puntos respecto do club alfareiro, co que estamos igualadas. Un triunfo nesta xornada podería deixar fóra da pelexa ó Roldán, que á súa vez querrá buscar a vinganza da eliminación en semifinais da Supercopa.

A escadra dirixida por Kilian Belmonte venceu por 6 – 1 ó Amarelle na última xornada, logrando o seu mellor resultado da actual campaña. Enlazan dúas vitorias consecutivas e catro partidos sen perder. De feito, só cederon cinco partidos de liga, cifra que tan só melloran o Burela e o Futsi. En goles, teñen números moi parellos ós nosos: 60 a favor (63 nós) e 49 en contra (46 no noso caso). A súa máxima goleadora con 12 tantos é a súa referente, Mayte Mateo. Ademais, na última convocatoria da Selección Española tiveron a Laura Fernández. Sumaron 18 puntos de local e 19 como visitantes.

Dos 20 precedentes ligueiros entre ambos clubes, 7 veces gañamos, por 9 derrotas e 4 empates. Prevese máxima igualdade, pois os dous enfrontamentos deste ano terminaron en táboas (4 – 4 na primeira volta de liga e 2 – 2 na Supercopa). A bagaxe na Seca é de 4 triunfos vermellos, 2 empates e 3 vitorias torrepachequeras.

CATEGORÍA: Previas