Volve a Primeira División despois de tres semanas para encarar a súa recta final. Sete partidos que definirán as nosas aspiracións, comezando pola visita á A.E. Les Corts, sétimo clasificado con só tres puntos menos que nós. O partido será este sábado ás 18 horas.
Como unha final. Así se ve a nosa visita a Barcelona, como indicou Rocío Molina en rolda de prensa. E é que son 7 os puntos que nos separan do playoff marcado polo Roldán cando restan 21 por disputarse. O noso derradeiro partido saldouse cunha derrota por 1 – 2 contra o Burela, mentras que no anterior, como visitante, logramos superar ó Atlético Torcal, rachando a nosa mala xeira lonxe de casa en liga. Para esta viaxe, ademais da coñecida baixa de Anna Escribano, non poderemos contar con Candela.
Xusto un posto menos que nós ocupa o Les Corts na táboa. De feito, poderían igualarnos a puntos e adiantarnos na mesma, xa que nos gañaron na primeira volta. Pese a iso, os 10 puntos que as separan do playoff antóxanse demasiados. Veñen de vencer o derbi ante Rubí, curtando unha xeira de tres derrotas consecutivas e catro partidos sen gañar. Como locais colleitaron 13 dos seus 32 puntos. Levan 51 goles marcados (64 no noso caso) e 48 recibidos (por 45 nós).
Ó ser a súa segunda tempada na máxima categoría, só existen tres precedentes. Na Seca vencéronnos as dúas veces, mentras que na súa pista as superamos por 0 – 3 o curso pasado.