Novas

T. 25/26 – X. 24 | PREVIA

Abr 10, 2026

Nova xornada de fútbol sala en Poio, na que hai tres puntos en xogo que, no contexto de final de liga, cada vez son máis importantes. Este sábado recibimos ás 18:30 horas ó LBTL Futsal Alcantarilla.

Mantemos o segundo posto na clasificación, a 5 puntos do líder, Melilla, e con 9 de vantaxe sobre o quinto, Alcorcón. A pesar da falta de descanso tras a final da Copa Galicia, puidemos vencer en Esplugues de Llobregat, conseguindo a cuarta vitoria consecutiva en liga, nunha xornada propicia debido ós resultados dos rivais máis directos.

A escuadra murciana ocupa o oitavo posto na táboa con 35 puntos, un tanto lonxe do playoff (10 puntos) e sen ningún temor ás posicións de descenso (a 13 puntos). Na pasada xornada conseguiron un sempre meritorio empate fronte ó líder, o Melilla. Fóra da súa casa encadean tres triunfos seguidos, sendo como mellor se desempeñan nesta segunda volta. Acumulan 62 goles a favor (por 79 nós) e 56 en contra (por 44 no noso caso).

Na primeira volta conquistamos o seu pavillón cun 1 – 5. O balance global entre ambos clubs é de 3 vitorias conserveiras, 3 empates e 1 triunfo azulón. Certo é que na Seca o balance está igualado, cunha vitoria para cada equipo e un empate.

 

Foto de Débora Braga.
CATEGORÍA: Previas