Novas

T. 25/26 – X. 25 | PREVIA

Abr 17, 2026

Complicada visita á pista do Alcorcón a que temos este sábado ás 16:30 horas, pero coa que podemos dar un paso definitivo na clasificación para o playoff polo título de liga.

Cinco triunfos consecutivos encadea o equipo de Luis López-Tulla no campionato doméstico, a un de igualar o récord do presente curso. Así, desde a 2ª posición con 52 puntos, avantaxa en 4 a Futsi e Roldán, pero en 12 ó Alcorcón, primeiro conxunto fóra do playoff. Un triunfo ante as alfareiras faría insalvable a distancia con elas xa matematicamente.

O equipo de Piru, que fixo 30 puntos na primeira volta, sumou 10 nas nove xornadas da segunda parte da liga ata o momento. Mantense como máximo perseguidor do playoff polo título, pero son 8 os puntos que deben remontar en seis xornadas. Veñen de caer por 1 – 3 na casa ante o Ourense, tras empatar a un tanto co Burela anteriormente. Acumulan 77 goles a favor (80 nós) e 69 en contra (44 no noso caso).

O resultado na Seca na primeira volta foi un 3 – 3, ó igual que na tempada pasada, na que, ademais, perdemos por 5 – 3 en Los Cantos (despois dunha xeira de cinco triunfos seguidos no seu pavillón, incluíndo o duelo de oitavos de final de Copa). O balance total entre ambos clubs é de 12 vitorias vermellas, 4 empates e 11 triunfos amarelos.

CATEGORÍA: Previas