Novas

T. 24/25 – X. 26 | PREVIA

Abr 11, 2025

Preséntasenos posiblemente o partido máis difícil dos que restan en liga, pois visitamos ó líder, Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca C.F., este sábado ás 17 horas.

Despois de dúas derrotas consecutivas, vencemos o derbi ante o Ourense o pasado domingo e sumamos 38 puntos, a 7 do playoff, mantendo o sexto lugar. Lonxe da Seca, a segunda volta está sendo complicada, xa que conseguimos 5 de 15 puntos posibles. Na convocatoria recuperamos a Rocío Molina, mentras que segue de baixa Anna Escribano.

Inexpugnable é o rendemento local do Melilla, que gañou os seus 12 encontros ligueiros na súa pista na presente campaña e leva 16 triunfos consecutivos nesta tesitura. Hai que remontarse a fai máis dun ano, o 9 de marzo de 2024, para velas caer en casa (1 – 2 contra Burela). Precisamente o conxunto lucense é o único que lle superou na actual liga, alá pola xornada 10 (por tanto, acumulan 15 vitorias seguidas). Tan só perderon outro partido, aínda que lles privou dun título, ó caer e na final da Supercopa fronte ó Futsi. Son o segundo equipo máis anotador (118 tantos, polos 67 nosos) e o que menos encaixa con 38 (48 no noso caso).

Os nove precedentes mostran unha máxima igualdade entre ambos clubes, con 3 triunfos para cada un e 3 empates. No pavillón Javier Imbroda colleitamos 1 vitoria, 1 empate e 2 derrotas. Na primeira volta da presente campaña, o vestiario dirixido por Morenín superounos por 0 – 2.

CATEGORÍA: Previas