Novas

T. 25/26 – X. 27 | PREVIA

Mai 9, 2026

Este domingo ás 11h disputaremos o segundo partido de liga consecutivo na Seca, iso si, interrompidos pola fase final da Copa da Raíña, na que alcanzamos as semifinais por segundo ano seguido. Visítanos o 12º clasificado, o Guadalcacín FSF.

A situación do equipo no último mes de liga regular tradúcese en ocupar a 2ª posición con 58 puntos, a 5 do líder, con 4 de vantaxe sobre o 3º e o playoff asegurado dende a pasada xornada. Na Primeira División encadeamos sete triunfos consecutivos, a mellor xeira da presente tempada. Ben é certo que o precedente da semana pasada, en Copa, é de vitoria en cuartos ante o Móstoles e derrota en semifinais contra o Melilla. Na convocatoria están todas as futbolistas agás Miri e Noelia Montoro.

As nosas rivais andaluzas, con tres ex conserveiras como Elena Aragón, Sandra Buzón e Rocío Molina, suman 31 puntos e, aínda que unicamente contan con dúas posicións de marxe respecto ó descenso, en realidade son 9 puntos de vantaxe, polo que teñen a permanencia virtualmente conseguida. Non participaron na fase final da Copa, polo que o seu derradeiro partido foi hai dúas semanas contra o Móstoles, con derrota por 2-4. Con anterioridade, venceron a Chiloeches e Penya Esplugues. Conseguiron 15 puntos como locais e 16 como visitantes. Acumulan 63 goles a favor (por 90 no noso caso) e 66 en contra (45 nós).

Na primeira volta empatamos a dous tantos na súa pista, cun gol de Zaide Pérez sobre a bucina. Así, o balance xeral entre ambos clubs é de 3 vitorias conserveiras, 3 empates e 1 triunfo xerezano. As veces que vencemos correspóndense cos partidos disputados na Seca.

 

Foto de Débora Braga.
CATEGORÍA: Previas