Novas

T. 23/24 – X. 28 | PREVIA

Mai 10, 2024

Última saída lonxe de Galicia en liga regular a que temos nesta xornada. Visitamos ó La Boca Te Lía Futsal Alcantarilla (sábado, 18h), conxunto que é 7º con 43 puntos.

Coa moral alta viaxamos ata Murcia tras vencer por 2 – 1 ó Melilla e conseguir 4 puntos de vantaxe, a falta de 9 por desputarse, respecto do Alcorcón. Precisamente, a vitoria entre semana do equipo de Morenín no seu partido adiado ante Les Corts, imposibilita a opción de quedar terceiras. Así, intentaremos conseguir o décimo triunfo nesta segunda volta para afianzar o posto de playoff. A expedición conserveira viaxa hoxe, venres, en avión a Alacante e fará noite en terras murcianas.

O equipo de Alicia Morell perdeu a pasada semana en casa do Viaxes Amarelle, curtando a súa xeira de tres vitorias seguidas. Aínda que poden alcanzarnos e pelexar o playoff (sepárannos 9 puntos), de seguro estarán motivadas tamén por superar ás súas veciñas de Roldán (avantáxanas en 2) e clasificar como o mellor club da Rexión de Murcia, superando o seu rexistro da pasada campaña en liga. Cabe destacar que como locais enlazan catro triunfos consecutivos.

Na primeira volta gañáronnos por primeira vez (3 – 4 na Seca), posto que é o seu segundo curso en Primeira División. O ano pasado vencémoslles en casa por 4 – 2 e empatamos 2 – 2 no seu feudo.

CATEGORÍA: Previas