Novas

T. 24/25 – X. 28 | PREVIA

Mai 10, 2025

Cinco semanas despois regresa a Primeira División ó pavillón da Seca. Toca recibir ó Móstoles, 13º clasificado con 27 puntos, o domingo ás 12 horas. O duelo será retransmitido por Sinopsis Vuvuzela.

Logo dunha intensa fin de semana de Copa da Raíña, na que case alcanzamos a final, atopámonos coa volta da liga, onde non temos opcións de playoff tras enlazar dúas derrotas consecutivas, en Melilla e Alcorcón. Actualmente somos oitavas, polo que debemos demostrar profesionalidade e ambición por alcanzar o sétimo ou, incluso, o sexto lugar. Na convocatoria non están Anna Escribano nin Miri.

Si se xoga, e moito, o Móstoles, quen ocupa o chanzo que precede ós postos de descenso, con 5 puntos de vantaxe sobre o Marín Futsal. As madrileñas acudiron á final a oito da Copa, onde encaixaron un contundente 2 – 10 en cuartos de final contra o Melilla. En liga suman tamén dúas derrotas seguidas. Pese á súa posición, os seus números en goles non son tan malos, con 75 a favor (por 70 no noso caso) e 81 en contra (55 nós).

Un total de 22 veces nos enfrontamos, con 16 triunfos conserveiros e 6 mostoleños. Na primeira volta superámolas por 0 – 6, o noso mellor resultado da presente liga. Ademais, contra elas acumulamos seis vitorias seguidas, datando a última derrota en xaneiro de 2022, un 2 – 4 na Seca.

CATEGORÍA: Previas