Novas

T. 23/24 – X. 3 | PREVIA

Set 29, 2023

Si, van dúas xornadas e non puntuamos, literalmente estamos en descenso e perdemos máis partidos que en toda a liga regular do curso pasado. Non imos ocultalo, así como tampouco imos volvernos tolos por iso. Como di un amigo meu, son anécdotas para contar no futuro. Sen máis voltas, subiremos ó autobús esta tarde para desputar mañá en Móstoles (18:30h) o terceiro partido da competición.

Tocará correr e pelexar moi duro contra un histórico da categoría, que gañou os seus dous partidos (ante Majadahonda e Viaxes Amarelle) e que loitará por estar nos postos altos da táboa. Acumulan nove goles a favor e seis en contra, que contrastan co solitario gol no noso casilleiro, por catro recibidos. Na nosa convocatoria, non hai novidades e viaxa todo o equipo agás Anna e Marta.

En 19 ocasións enfrontámonos ambas escadras en Primeira División, cun balance de 13 vitorias conserveiras e 6 triunfos mostoleños. Nunca empatamos. Levámonos os puntos da súa pista cinco veces (de nove visitas), entre elas as catro últimas. É dicir, non perdemos en Villafontana dende marzo de 2018. Na tempada anterior, gañamos ambos duelos, por 4 – 0 en casa e 3 – 4 en Móstoles.

CATEGORÍA: Previas