Novas

T. 25/26 – X. 30 | PREVIA

Mai 29, 2026

A liga regular alcanza o seu punto final. A 30ª xornada lévanos a Castro de Rei (sábado, 11 horas) para disputar un derbi ante un equipo que non se xoga nada na clasificación, máis alá de rematar 5º, 6º ou 7º, mentres que nós temos que mellorar o resultado do Futsi para recuperar a 2ª posición.

Os dous últimos empates, ante Ceuta e Les Corts, relegáronnos á terceira praza da clasificación. Os 63 puntos igualan os que suma o Futsi Atlético Navalcarnero, pero co golaveraxe particular perdido ante as madrileñas. Elas serán o noso rival na semifinal do playoff polo título de liga, pero quen quede 2ª obterá o factor cancha nunha eliminatoria ó mellor de tres partidos. Non terán un duelo doado, xa que reciben ó líder, o Melilla. O noso tampouco será un enfrontamento sinxelo, nin moito menos. Poñeremos en xogo a xeira de dez partidos seguidos sen perder na liga e teremos a opción de acadar por primeira vez os 100 goles se, cando menos, marcamos dous. Todo o plantel está dispoñible.

Pola parte do FSF Castro, quererán despedir a tempada cun triunfo ante a súa afección que lles asegure o sexto posto na liga e incluso lles permita alcanzar o quinto. Dos seus 47 puntos, 24 conseguíronos no seu feudo. Na última xornada caeron por 7 – 5 en Móstoles. Acumulan 89 goles a favor (98 nós) e 73 en contra (50 no noso caso).

Será a terceira vez que nos vexamos neste curso. Na primeira volta da liga vencemos por 2 – 0. Porén, gañáronnos por 3 – 2 na final da Copa Galicia, conseguindo así o seu primeiro título. En total, sete precedentes e un balance de 2 vitorias conserveiras, 3 empates e 2 triunfos castrenses. Curiosamente, nunca perdemos en Primeira División contra elas e no seu pavillón empatamos a dous goles nas dúas visitas que realizamos.

 

Foto de Débora Braga.
CATEGORÍA: Previas