Nun vira-vira, o primeiro mes de competición callará o próximo sábado recibindo ó Guadalcacín, club que regresa á Primeira División despois de estar nas tempadas 2017 / 2018 e 2018 / 2019.
Como ben dixo Elena en rolda de prensa, non hai outra idea que non sexa gañar. Gañar para sumar 7 puntos, para resarcirse da derrota no Derbi da Ría e para darlle unha alegría en casa á afección.
As nosas rivais ocupan a 12ª posición cun punto, que lograron na súa visita á pista do Ourense CF. Como locais, encaixaron dúas derrotas por 1 – 7 e 1 – 2 ante Melilla e Burela, respectivamente. Nas súas filas destaca a presenza de Ame Romero, que reforzou ó equipo na pasada campaña na busca do ascenso.
Nos catro precedentes ligueiros entre ambas entidades, perdemos por 4 – 1 na súa cancha e vencemos por 4 – 2 na nosa no curso 2017 / 2018, mentras que os resultados no seguinte ano foron de 3 – 0 na Seca e 0 – 0 en Guadalcacín.