Novas

T. 23/24 – X. 5 | PREVIA

Out 11, 2023

A semana con partido de copa en xoves fai que esta xornada de liga se mova ó domingo, día inusual en ditos partidos. Ás 13h desputaremos un novo derbi contra o Viaxes Amarelle, ó que visitamos en Copa Galicia en setembro, vencendo por 0 – 1.

Pola nosa parte, a terceira vitoria en liga é o obxectivo, aínda que será difícil. O equipo ten que seguir medrando e para iso incorpórase á convocatoria a última en chegar, Saki. Seguen sen estar, por lesión, Anna e Marta.

Do lado coruñés, son duodécimas con 4 puntos, logrados cun empate na primeira xornada en Les Corts e unha vitoria a domicilio na visita ó Rayo Majadahonda. Sen embargo, como locais perderon os seus dous partidos, contra Móstoles e Alcorcón.

O ano pasado, vencemos por 2 – 3 no pavillón Sagrada Familia, no que non perdemos dende 2015 (catro vitorias e un empate dende entón entre liga e Copa Galicia). En Primeira División, a bagaxe previa con dez precedentes entre ambos clubes é de 6 vitorias conserveiras, 2 empates e 2 triunfos laranxas.

CATEGORÍA: Previas