Novas

T. 25/26 – X. 5 | PREVIA

Out 3, 2025

A derradeira parada destas dúas semanas de dobre partido corresponde á quinta xornada de liga, que nos leva ata Alcantarilla, Murcia, para enfrontarnos a LBTL Futsal (sábado, 18 horas).

Chegamos a este duelo despois de superar por 0 – 5 ó Estrela Futsal (Segunda División) nos cuartos de final de Copa Galicia. Na Primeira División empatamos 2 – 2 contra o Atlético Torcal na pasada xornada na Seca e acumulamos oito puntos en catro partidos (terceira posición) Todas as xogadoras están convocadas, agás Miri.

O noso rival marcha sétimo en liga cun punto menos que nós. No seu feudo gañaron 2 – 1 ó Ceuta e 3 – 2 ó Alcorcón, pero lonxe do mesmo non conseguiron vencer (empate en Castro 2 – 2 e derrota en Ourense por 4 – 1 na xornada anterior). Tamén foron derrotadas por 3 – 2 nos dezaseisavos de Copa da Raíña na pista do Rubí, de Segunda. Posiblemente foi a gran sorpresa desa rolda. Por tanto, actualmente enlazan dúas derrotas consecutivas. O equipo dirixido por Joaquín Peñaranda está chamado a pelexar o playoff, tras un verán de moitos reforzos, con futbolistas destacadas como son Peque, Dany, Cami ou Jozi, entre outras.

Como esta é a cuarta tempada das murcianas en Primeira, existen seis duelos precedentes, cun balance de 2 vitorias conserveiras, 3 empates e 1 triunfo azulón. Ambos partidos do curso pasado saldáronse con igualada e na súa cancha non perdemos.

CATEGORÍA: Previas