Novas

T. 24/25 – X. 6 | PREVIA

Out 11, 2024

Coa idea de manter a boa xeira recibiremos este sábado ás 18 horas ó Les Corts, conxunto barcelonés que marcha sétimo na clasificación.

Tres son as vitorias consecutivas que acumulamos actualmente (unha delas en Copa Galicia, onde nos metemos en semifinais superando ó Viaxes Amarelle). Con elas escalamos á quinta posición en liga con 10 puntos, situándonos a tres do playoff.

O combinado de Les Corts tamén chega nun bo momento. Tras comezar o campionato con tres derrotas, contra Marín, Roldán e Futsi, venceron os seus duelos ante o Atlético Torcal por 0 – 4 e fronte ó Ourense Ontime por 3 – 1. Suman 11 goles a favor (por 14 nosos) e 10 en contra (7 no noso caso).

É a súa segunda campaña na Primeira División, polo que tan só hai dous precedentes entre ambos clubes. En Poio gañáronnos por 1 – 2, mentras que en Barcelona impuxémonos por 0 – 3.

CATEGORÍA: Previas