Tres semanas despois volve a liga ó pavillón da Seca. Recibiremos ó noveno clasificado, o Atlético Torcal malagueño (sábado, 19:30 horas).
Logo das boas sensacións obtidas co 0 – 6 en Móstoles, é hora de afianzarnos na nosa cancha, na que de momento sumamos 4 de 9 puntos posibles. Grazas ó rendemento como visitante, estamos con 13 puntos, a 3 do playoff, marcado polo Alcorcón.
O Atlético Torcal vén de caer en casa por 1 – 5 contra o Burela. Dous dos seus tres triunfos son como visitante, nas pistas do Ourense e do Teldeportivo. No seu haber, 13 goles a favor (por 21 nosos) e 23 en contra (10 no noso caso). Así como as vermellas Elena e Martita veñen da convocatoria coa selección española sub-23, do equipo malagueño participaron a gardameta Valeria e a ala-pivote Alejandra.
Catro son os precedentes entre ambos conxuntos, nas dúas pasadas tempadas. En tres ocasións vencemos, mentras que na restante, o resultado foi de 3 – 3 na Seca.