Novas

T. 25/26 – X. 8 | PREVIA

Out 24, 2025

O partido sobranceiro da oitava xornada e que se emitirá en directo por Teledeporte (sábado, 11h) será o da nosa visita ó STV Roldán, terceiro clasificado da liga.

Será un duelo de extrema dificultade ó que chegamos coa moral moi alta tras lograr o noso récord de partidos imbatidas nun inicio de liga. Tamén enlazamos tres triunfos consecutivos (catro se contamos a Copa Galicia), entre os que están os dous últimos duelos fóra de casa.

O conxunto murciano está tres puntos por debaixo nosa. Comezou a competición con derrota en Navalcarnero, pero dende entón non volveu perder. Vén de gañar ó Guadalcacín e, anteriormente, colleitar un valioso empate na pista do Melilla. Suman 23 goles a favor (32 nós) e 12 en contra (9 no noso caso).

Entre todas as competicións existen 26 precedentes, con 10 vitorias conserveiras, 7 empates e 9 triunfos murcianos.

CATEGORÍA: Previas