Novas

Previa Xornada 16 – Alcorcón

Feb 3, 2022

A segunda volta do campeonato comeza esta fin de semana na Seca. Voltamos ó noso clásico horario de sábado ás 18:30h e de novo nos visita un conxunto do sur de Madrid, neste caso o Alcorcón.

Trala dura derrota o pasado domingo ante o Móstoles, que nos impediu pechar a primeira volta entre os catro postos de cabeza, temos a oportunidade de resarcirnos ante a nosa afección e repetir triunfo ante a escadra alfarera, á que vencimos na xornada inaugural por 1 – 5.

A dinámica de resultados na Seca debe ser un pilar a cambiar para este segundo tramo de liga e non hai mellor momento para facelo que este. Os oito primeiros partidos en casa saldáronse con dúas vitorias, dous empates e catro derrotas, unha bagaxe que debe trocar se queremos entrar no playoff por primeira vez na nosa historia.

Agardámosvos o sábado!

CATEGORÍA: Previas