Novas

Previa Xornada 19

Mar 4, 2022

Tralo parón ligueiro con motivo da Supercopa de España e no que nós xogamos o partido aprazado de Copa da Raíña, con dolorosa derrota nos penaltis de oitavos de final, volve a liga coa visita a un dos ascendidos nesta tempada, o Atlético Torcal.

O conxunto malagueño, ó que visitaremos por primeira vez, é penúltimo con 9 puntos, a 8 da permanencia que marca o Rayo Majadahonda. Coma local, só logrou dous empates, na xornada 1 ante Leganés (5 – 5) e recentemente, na xornada 17, un máis que meritorio 3 – 3 contra o Futsi. Coma visitante venceu en Elx e en Majadahonda, nas xornadas 8 (3 – 4) e 13 (2 – 3), respectivamente. A súa outra igualada foi precisamente no partido contra nós na primeira volta, un 3 – 3 en A Seca. Iso sí, en realidade chegan no seu mellor momento, xa que logo do empate ante o líder, colleitaron a fin de semana pasada ese vital triunfo na cancha do Rayo, nun partido que fora aprazado no seu momento e recuperado o pasado sábado.

Pola nosa parte, é momento de esquecer o tropezón copeiro e pensar que está nas nosas mans meternos no playoff polo título, xa que agora mesmo ocupamos a cuarta posición. Dúas vitorias consecutivas en casa e a visita adiada ó Burela que está pendente de xogarse, foron as últimas xornadas trala derrota ante Móstoles o 30 de xaneiro. As circunstancias levan a que sea o noso primeiro partido coma visitante na segunda volta de liga. A nosa última saída no campionato doméstico saldouse cun 2 – 4 ante o Joventut.

Respecto á nosa cuarta ronda do concurso, citáronse Irene e Martita esta vez. Ambas dixeron haber estudado dados do rival, mais a verdade é que o resultado non deixou lugar a dúbidas de quen o preparou mellor 😛

Martita únese ás vencedoras de anteriores roldas: Dupuy, Caridad e Dani Sousa. Tendes o vídeo no nosa canle de YouTube, Facebook e Instagram ou clicando directamente aquí.

CATEGORÍA: Previas