Último día do mes de abril e nova xornada de liga na que visitaremos ó Rayo Majadahonda, conxunto que ocupa o 12º posto na táboa, con 21 puntos. A escadra vermella viaxa en bus a terras madrileñas, partindo dende Poio esta mesma mañá de sábado. Mantense como única baixa a de Angela.
Chegamos a este partido coa moral alta tras superar ó Melilla nun auténtico partidazo, grazas ó cal nos mantemos en terceira posición. Ademáis, descansaremos a próxima fin de semana, xa que se desputará a fase final da Copa da Raíña, na que por desgraza, non estaremos. Por tanto, é vital sumar os tres puntos na pista rayista, pero sen fiarnos do rival, que buscará, como sexa, puntuar para non perder o seu pequeno colchón de 4 puntos sobre o descenso.
O equipo de Carlos Moreno enlaza actualmente catro derrotas consecutivas, iso si, ante equipos fortes coma Alcorcón, Melilla, Futsi e, a semana pasada, en Burela. O seu último triunfo data do 5 de marzo, cun 3 – 2 ante o Leganés na xornada 19. Destaca a cantidade de goles que reciben (82, unha media de 3,42 por partido), sendo o cuarto conxunto que máis tantos encaixa. Como local obtivo 13 puntos, por 8 como visitante.
Na primeira volta, A Seca decidiu cun contundente 5 – 0. Este partido supuña o reencontro entre ambos clubes logo de non verse as caras na campaña 2020 / 2021 (pola separación da liga en grupos) e non desputar o partido na nosa pista na 2019 / 2020 pola cancelación da liga pola covid. Nese curso visitamos por última vez La Granadilla, o 16 de novembro de 2019, vencendo por 1 – 5. Contando o duelo desta tempada, son 14 as veces que nos enfrontamos en liga (na 2012 / 2013 en Segunda División como primeiro precedente), cunha bagaxe ó noso favor de 8 vitorias, 4 empates e 2 derrotas. En Majadahonda, o saldo é de 2 triunfos, 4 empates e 1 derrota.
Deixámosvos tamén o vídeo do noso concurso de preguntas sobre o rival, no que a segunda semifinal foi do máis emocionante.