Hora de poñer o broche de ouro a unha semana perfecta. Logo de vencer ó Ourense Envialia en liga e na final de la Copa Galicia, toca facer o mesmo ante a Penya Esplugues, un conxunto que ocupa a 14ª praza, é dicir, posto de descenso, a catro puntos da permanencia. Cabe recordar a enorme importancia para os nosos intereses do empate entre Roldán e Torreblanca Melilla no partido que tiñan aprazado, xa que así dependemos de nós mesmas para entrar no playoff polo título de liga.
Despois de dúas xornadas seguidas coma visitante, volvemos a xogar en casa. A última vez que o fixemos foi na vitoria ante Melilla, a segunda seguida na nosa pista. Non está sendo o mellor ano no que a resultados se refire na Seca e ademais, recibimos a un equipo que nos oito precedentes que ten visitándonos (catro como Gironella e catro xa coma Penya Esplugues) nos venceu en cinco ocasións. As outras tres saldáronse cos puntos ó noso favor, coma na campaña pasada (2 – 0). Para completar a bagaxe particular co conxunto catalán, nas súas terras gañamos tres veces, empatamos catro e perdemos dúas. Por ende, o cupo total estaría en 6 triunfos vermellos, 4 empates e 7 derrotas. Esta mesma tempada, cando fumos a Les Moreres, obtivemos cun claro 1 – 5 os tres puntos.
Para a escadra de Esplugues de Llobregat é vital sumar unha vitoria que lles enganche á loita pola permanencia. Enlazan dúas derrotas consecutivas, pero o que máis lles lastra é que non gañan dende a xornada 16. Como entremedias tiñan un partido adiado, o total sen vencer é de 11 partidos, nos que só sumaron dous empates.
É, por tanto, un día para non confiarse en absoluto e, por tanto, o clube lle quere dar a importancia que se merece. O enfrontamento, patrocinado por Abanca, terá sorteos para todo aquel que veña vestido de vermello. Ademais, unha vez finalizado, comezará a xornada para o xuvenil masculino de liga galega, que precisa de todo o apoio da Marea Vermella para manterse no primeiro posto e seguir loitando polo histórico ascenso á División de Honra.