Novas

Previa Xornada 28

Mai 27, 2022

Achégase a inminente final de tempada. Último partido do mes de maio e tres puntos en xogo que poden significar alargar a campaña un poco más o terminar en dos semanas. Visitamos al Sala Zaragoza, conjunto que no nos trae buenos recuerdos precisamente, puesto que nos eliminó este año en los octavos de final de la Copa de la Reina en la tanda de penaltis.

Chegaremos a este duelo tras un aciago empate na Seca fronte á Penya Esplugues co que perdemos o dereito a depender de nós mesmas para quedar entre as catro mellores. Agora, toca desquitarnos cun triunfo lonxe de Poio, onde conseguimos 25 puntos (por 21 como locais).

A escadra maña non xogou na última xornada ó non poder desprazarse a Melilla e suma 1 vitoria e 4 derrotas nos seus anteriores partidos. Nas súas terras lograron 12 dos 21 puntos que acumulan. É o clube que marca a permanencia, pero con só tres puntos máis que a Penya Esplugues.

O encontro será o domingo ás 12:30 e suporá unha auténtica final para ambos. A expedición vermella partirá da Seca en autobús á unha da madrugada da noite de sábado para domingo. Viaxan todas as xogadoras agás Luísa.

En liga, só hai un precedente en casa do Sala Zaragoza, que é a derrota por 2 – 1 do curso 2018 – 2019. Ó ano seguinte non fumos pola cancelación do final do campionato polo covid. Por tanto, de gañar, sería a primeira vez alí. En cambio, contando coa primeira volta desta liga, son tres os duelos entre galegas e aragonesas en Poio, sempre con triunfo conserveiro.