Novas

Ale de Paz e Laura Uña repiten coa Selección

Set 2, 2024

Aínda que acaba de rematar a pretempada, xa temos a primeira convocatoria da selección española neste curso. Na lista aparecen as nosas dúas habituais co combinado nacional: Ale de Paz e Laura Uña.

As futbolistas conserveiras concentraranse en Las Rozas o domingo, día 8, para disputar dous amigables fronte a Marrocos o 10 e 11 de setembro, cada día ás 19 horas.

Cúmprese un ano da primeira vez que Laura foi convocada e, dende entón, mantívose no esquema de Clàudia Pons. Que dicir de Ale de Paz, dobre campioa de Europa e unha das fixas no equipo español.

Lembramos que é unha tempada moi especial neste aspecto, xa que en 2025 xogarase o primeiro mundial oficial de fútbol sala feminino, así como a cuarta Eurocopa.

CATEGORÍA: Novas