Novas

Récord de internacionais conserveiras tras a citación de Martita

Ago 24, 2025

Tras unha primeira semana de concentración da Selección Española, en cuxas filas xa estaban Elena, Ale de Paz e Noelia Montoro, agora é o turno de que se una Martita. A peche coruñesa viaxará este domingo a Madrid e, posteriormente, a Rabat, para enfrontarse a Marrocos (campioa de África) en dous duelos amigables.

Para Martita supón regresar á selección absoluta tras debutar en novembro de 2022 e sumar, a continuación, catro chamadas consecutivas (de feito, na última, en febreiro de 2023, foi parte do récord do noso club con cinco internacionais, tres con España e dúas con Arxentina). Ademais, na tempada pasada, participou na primeira convocatoria da sub-23, de nova creación.

Para a entidade vermella, esta noticia implica bater dous récords:

  • O de máis futbolistas nunha convocatoria coa Selección Española: catro, superando as tres que mencionamos antes e entre as que precisamente estaba Martita.
  • Equipo máis representado nunha convocatoria de España. Antes da chamada de Martita, igualábamos con Roldán e Futsi aportando tres xogadoras, o que de por si era destacable. Agora, a marca é en solitario.

 

Sen dúbida, o crecemento e a aposta do club por mellorar segue dando froitos e o traballo vese recompensado incluso a nivel nacional. ¡Poio é fútbol sala!

CATEGORÍA: Novas