As primeiras convocatorias internacionais do curso non chegan só dende España. Carolina Pedreira, subcampioa do mundo en Filipinas, recibiu a chamada do combinado luso.
Pedreira está citada por Luís Conceição entre o 6 e o 9 de setembro en Oeiras, Portugal. Alí terán sesións de adestramento e partidos amistosos contra Francia.
Desta forma, un total de cinco futbolistas conserveiras foron reclamadas por cadanseu combinado nacional nesta ventá internacional (con España: Ale de Paz, Martita, Elena e Laura Sánchez).

