Novas

Promoción de Entroido para os dous derbis en casa

Feb 16, 2023

Dous partidos de suma importancia están marcados no calendario de este Entroido vermello. O sábado recibiremos ó Viaxes Amarelle coruñés na 19ª xornada de liga, mentras que o Mércores de Cinza, día 22, visitaranos o Burela, nun duelo que decidirá un dos finalistas da Copa Galicia, da que defendemos título.

Ante estos dous retos e co desexo de que a nosa afección nos arroupe, como tanto fixo no partido que vencemos ó Futsi Atlético Navalcarnero, grazas ás forzas que transmitiron ás nosas xogadoras, sacamos unha promoción para ambos derbis. Así pois, toda aquela persoa que veña o sábado ó partido de liga disfrazada, terá asegurado o seu asento, de balde, para o importante enfrontamento de Copa Galicia.

Ambos encontros serán no pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra, ás 19h. A entrada custa 5€ para cada partido, lembrando que por ese importe e dando colorido ás bancadas cun disfrace, non pagarías na Copa (excepto abonados, que en ningún caso pagan).

Demostremos que Poio está co seu equipo e que o noso espíritu de Entroido está máis vivo que nunca!

CATEGORÍA: Novas